GC Aberto

Carta aberta a Ana Pontón

Alédome muito que desde o BNG se estea prestando ao fin unha atención merecida ao Bierzo co que nos unen tantos elementos histórico-culturais e linguísticos ao facer parte no pasado da Galiza histórica. Mais, querida Ana, os camiños do atallo son camiños do…

Por admin | Lousame | 02/02/2021

Comparte esta noticia

A recente proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento galego defendendo o Bierzo como provincia e a súa posibel incorporación a Galiza como a quinta provincia é algo que comparto totalmente sempre que sexa a vontade maioritaria do pobo, proba do cal é o meu apoio presencial á presentación de A Quinta en Ponferrada e tamén o ser secretaria  de Ligando, unha organización política cuxo ámbito territorial non inclúe só Galiza senón tamén o Eo-Navia e o Bierzo.

Momento do vídeo difundido polo BNG en que Ana Pontón, a portavoz nacional, explica a postura en contra aos orzamentos do estado. BNG1
Momento do vídeo difundido polo BNG en que Ana Pontón, a portavoz nacional, explica a postura en contra aos orzamentos do estado. BNG1

Até aquí todo ben, mais como é posibel que ti, como dirixente e secretaria do BNG así como recoñecida feminista, aceptes colaborar cun partido como Coalición polo Bierzo que non é capaz de condear abertamente a presunta violencia machista sen ningún lugar a ambigüidade?. Un partido que -como ben manifestaron a Plataforma contra as Violencias Machistas e os colectivos feministas de mulleres do Bierzo- calificou públicamente de intachabel a conducta política do seu anterior presidente, Pedro Muñoz, aínda hoxe no cárcere acusado de presuntos actos de violencia machista con intento de homicidio e malos tratos continuados contra a súa muller Raquel Díaz, tamén da mesma Coalición política.

Lembrarte que mentres o BNG lanzaba a campaña do pasado 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co lema A violencia machista segue aí e ti declarabas que non iades permitir que a violencia de xénero pasara a un segundo plano, co tapabocas tapando os ollos, a presunta víctima Raquel declaraba como o seu home e expresidente de CB a lanzaba ao vacío desde a terraza da vivenda e lle daba unha malleira durante o confinamento da pandemia consecuencia da cal aínda hoxe padece unha complicada situación neurolóxica cunha paraplexia.

Non podo entender, Ana Pontón, que como feminista non esixas da Coalición polo Bierzo un comunicado de apoio á presunta víctima e unha condea contundente contra o presunto agresor antes de colaborar con esa organización.

Atentamente
IOLANDA TEIXEIRO REI
Secretaria de organización de LiGanDo-LGD

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Benavente

Non precisamos máis "provincias", ao contrario habería que prescindir desas circunscricións do XIX En todo caso unha proposta boa sería a demarcación autonómica única e, se dentro dela quere ampliarse o territorio co Bierzo, benvido sexa.

6 Casimiro

Nostrus, o meu ignorante favorito, di que "no pasado Galicia formaba parte do Reino de Castela". E tan pancho! Con estupideces históricas como esta non hai argumento posible! E, por riba, non entende o básico da democracia: calquera lei vixente pode ser inxusta, a vontade do pobo decide, e o que se nega a escoitala é un autoritario. Entón, valdeorreses arredistas, claro que podedes, se sodes maioría! Xusto o que negades aos demais!

1 nostrus

Dende a Idade Media Galicia estivo dentro do reino de León primeiro e Castela despois. Galicia como reino independiente é anecdótico, equivalente na historia a menos de un suspiro. Sumando os reinados de Ordoño, Sancho, Vermudo e Garcia non pasan de quince anos entre todos. Logo esta o reino Suevo de Galicia que nada ten que ver con Galicia por moito que o nazionalismo se abrace a él.

2 Mugueimes

Costrus, não exponha as vergonhas tão impúdicamente! Pode o ilustre senhor apresentar um só documento histórico contrastado que valide a perda de condição da Galiza como Reino e da inclusão no Reino de Leão ou da Castela? Então, mesmo na Constituição de 1812, qual é o Reino da Galiza do que fala? De grão elementar: ter um rei comum não é ser o mesmo reino. Exemplo para indocumentados: Amâncio Ortega pode "reinar" sobre Inditex e também em Pontegadea, mas a nenhum informado se ocorre dizer disparate como que são a mesma empresa, reparte acções por igual ou estão uma dentro da outra. Não, nem os sócios do Real Madrid participam dos ganhos da ACS, por muito que aplaudam pelo Florentino! Quanto comeram a fraca cabeça dos analfabetas funcionais nos quartéis e na catequese!

3 nostrus

Mugueimes, no se porque te consideras tu tan listo mientras piensas que los demás se chupan el dedo. Dime de que presumes y te diré de lo que careces. A finales del siglo XV, con la union de los reinos de Castilla y Aragón se conformó España; ¿en cuales de estos reinos estaba englobada Galicia?. Respóndeme ya que eres tan listo. Si no te gusta la historia de España estás condenado a ser un desgraciado porque el pasado no puede ser cambiado.

4 Mugueimes

Costrus, muito engraçado, como explica alfândegas diferentes en cada reino, várias leis por cada território e cortes separadas? E depois de morta Isabel, como o Fernando de Aragón não é rei de Castela senão os herdeiros daquela? Como é possível que o Reino de Aragón chegara a 1707, até como marca territorial a 1833? E o Reino de Nápoles em que parte da Espanha "conformada" está hoje? O dito Costrus, o chip ideológico coa história do franquismo que lhe implantaram com autoridade na fraca cabeça igual está cheia de mitos falsos (salvo Santiago Matamoros e El Mío Cid Campeador). Bota no lixo a porcaria da camisa velha que já fede muito!

5 nostrus

Mugueimes, estás ideologicamente enfermo, muy enfermo y lleno de odio a los que te rodean. No se a que vienen tus manías de relacionarme a mi con el franquismo, el falangismo y bla, bla,. Tal vez sea para limpiar el pasado falangista de tu abuelo y te rebajas comportándote de modo más fascista que que los que acusas de serlo. No se porque no soportas que Galicia estuviera englobada en Castilla durante siglos. Te reto a que cambies el pasado. A ver si lo consigues. El fascismo de hoy en dia se encuentra escondido dentro de los que se autodenominan antifascistas.

5 Valdeorras Nazón

Liberdade para a miña terra. Independencia para Valdeorras xa.

1 Chan güi

Insisto. Que se vaia cando queira alí por onde sae materia por un ollo que non ve. Viva a censura.

4 nostrus

Facer pallas mentais é algo que esta ao alcance de todos e todos poden poñer o seu argumento. ¿Poderiamos facer unha provincia entre o Bierzo e Valdeorras si facemos un referendum entre as duas comarcas, independientemente do que diga a lei?. Tamen se pode unir Galicia a Castela argumentando que no pasado Galicia formaba parte do Reino de Castela.

1 Amancio

Probablemente poderíades caro amigo nostrus. A fin de contas lembra que en España só se fan os referenda que interesan ao españolismo. A mostra máis clara é como os españolistas levades décadas negando a incorporación ao Pais Vasco do Condado de Treviño pese ás sucesivas peticións dos veciños e residentes.

3 Lupe Ces

Neste enlace póde-se ler o comunicado de junho do ano passado, de condena de Coalición por El Bierzo. Nel se solidarizam com a vítima, condeam a violência, apoiam as actuaçons judiciais e policiais, e respeitam a presunçom de inocencia. Polo tanto a actuaçom do BNG e de Ana Pontom é a correcta. https://www.coalicionporelbierzo.or...

1 iolanda teixeiro

Ese Comunicado, como ti ben sabes, foi posto na web oficial de CB despois do anterior e de que os colectivos feministas do Bierzo os criticaran na prensa, con razón. A súa ambigüidade salta á vista. Foi despois de ler esta carta aberta que CB púxose en contacto con LGD e borrou o bochornoso Comunicado. Por sorte existen capturas de pantalla.