Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2021 | Actualizada ás 20:37
A Consellería de Sanidade notificou este domingo o falecemento doutras catro persoas con coronavirus, o que eleva a 2.300 o número de vítimas da pandemia en Galicia.
Este catro persoas contaban con patoloxías previas. Dúas delas faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Trátase de dous homes de 89 e 79 anos.
Un terceiro home de 85 anos faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a cuarta vítima foi unha muller de 72 anos que morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. O catro óbitos tiveron este sábado, día 13.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.