Os contaxios en centros educativos seguen á alza e achéganse aos 500 casos activos

A Xunta informa de 13 aulas pechadas, 3 menos que o martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- seguen en aumento por segunda xornada consecutiva tras renovarse as clases despois da ponte de San José, con 10 máis, --ao pasar de 481 a 491--, mentres que as aulas clausuradas descenderon de 16 a 13 --tres menos--.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Xunta, non hai centros pechados pola Covid en Galicia tras saír da lista a principios de semana o único que quedaba a semana pasada --a Escola Infantil PAI de Tordoia (A Coruña), situada na área sanitaria de Santiago--. Por áreas sanitarias, a da Coruña rexistra o maior número de casos de Covid-19 en centros en Galicia, con 190 --13 máis que o último dato actualizado--, e conta con seis aulas pechadas --unha menos--. Os centros con máis positivos son o CEIP Raquel Camacho e o CEIP Ponte dos Brozos, con 10 cada un.

Séguelle a de Vigo, con 93 casos --un menos-- e tres aulas pechadas --unha menos--. O CPR Plurilingüe Compañía de María, con seis positivos, sitúase co maior número desta área. A área de Ferrol conta con 59 casos activos, o que supón dous menos, e dúas aulas pechadas --sen cambios--. O CPR Tirso de Molina de Ferrol, con 38 positivos, mantense como o centro coa maior cifra de Galicia tras un cribado realizado entre alumnos e profesores asintomáticos.

Mentres, na de Pontevedra baixan a 54 os casos activos --un menos-- e xa non ten aulas pechada --o martes contaba con unha--: Na de Lugo mantéñense en 38 os positivos --sen cambios-- e unha clase inoperativa. Pola súa banda, a área sanitaria de Santiago rexistra unha subida de casos activos nos seus centros educativos ata o 38 --un máis-- e conta cunha aula pechada --sen cambios--. A área con menos casos activos nos centros educativos é a de Ourense, que concentra 19 --sen cambios-- e segue sen aulas pechadas.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta