Extinguido outro gran lume en Agolada tras queimar preto de 20 hectáreas

Por outra banda, Medio Rural anuncia que permitirá solicitar permisos para novas queimas a partir deste xoves.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/03/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio rexistrado este mércores no municipio pontevedrés de Agolada foi xa extinguido, tras calcinar preto de 20 hectáreas de terreo.

En concreto, o lume orixinouse sobre as 5,30 horas da madrugada na parroquia de Trabancas e quedou extinguido sobre as 13,17 horas do mediodía.

Segundo as últimas estimacións, as chamas afectaron a unha superficie de 19,8 hectáreas, das cales 0,3 son de monte arboledo e 19,5 de monte raso. Na súa extinción participaron cinco axentes, tres brigadas e catro motobombas.

Un bombeiro apaga un incendio
Un bombeiro apaga un incendio | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

PERMISOS DE QUEIMA

A Consellería de Medio Rural permite solicitar de novo desde este xoves, 25 de marzo, permisos para facer queimas de restos agrícolas e forestais. Estas tarefas estaban suspendidas ata agora debido ás condicións meteorolóxicas. De tal forma, este sábado, 27 de marzo, será o primeiro día no que se poderán realizar as queimas previamente comunicadas.

Os permisos poden pedirse a través da web de Medio Rural e do teléfono 012 os días laborables. A comunicación para a queima de restos agrícolas debe facerse dous días antes. No caso de restos forestais, debe pedirse unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, as autorizacións deixan de ter validez en días de vento e altas temperaturas, explica a Consellería de Medio Rural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta