O Parlamento pide investigar "en profundidade" os feitos da Maruxaina de 2019

Di que "non queden impunes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia impulsou unha declaración institucional para pedir que se investiguen en profundidade" os feitos sucedidos nas festas da Maruxaina, na parroquia lucense de San Cibrao, nas que unha persoa descoñecida dedicouse a gravar a distintas mulleres ouriñando e colgou as imaxes en webs pornográficas.

Desembarco da Maruxaina na repleta praia do Torno. PENÍNSULA DE LA PAZ
Desembarco da Maruxaina na repleta praia do Torno. PENÍNSULA DE LA PAZ | Fonte: FACEBOOK

Nunha declaración lida polo presidente da Cámara, Miguel Santalices, expresou o apoio de todos os deputados "ás mulleres agredidas na festa da Maruxaina de 2019". A Cámara puxo de manifesto "o seu enérxico rexeitamento ás gravacións das que foron obxecto, difundidas en páxinas web de contido pornográfico" mediante as que máis de 80 mulleres, entre elas menores de idade, "foron vítimas dun acto machista e denigrante que atenta contra a súa dignidade como mulleres e como persoas".

Por esta razón, a Cámara fai un chamamento a que se investiguen en profundidade os feitos para que non queden impunes xa que "ningún contexto, sexa na vía pública ou no ámbito privado, xustifica unha agresión contra a intimidade e os dereitos fundamentais das mulleres nin de ningunha persoa".

Así mesmo, o Parlamento de Galicia remarcou que apoiará o desenvolvemento e impulso daquelas medidas que as autoridades competentes teñan ao seu alcance para impedir que situacións como esta poidan volver producirse.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta