Por E.P. | OURENSE | 19/04/2021 | Actualizada ás 20:05
A plataforma ProCampus de Ourense remitiu unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que se queixan do atraso na implantación do Máster en Enxeñaría Aeronáutica. Na misiva, solicita un encontro co titular do Goberno galego para abordar un asunto que supón "unha fonte de preocupación e frustación en Ourense".
Lamentan que, "recentemente, recoñeceuse que, por segundo ano consecutivo, a titulación non chegará a tempo para ser ofertada" aos estudantes do Grao en Enxeñaría Aeronáutica do campus de Ourense, polo que "son xa dúas promocións de estudantes as que ven forzadas a saír de Galicia para continuar a súa formación a nivel de máster".
Ademais, demandan saber se a Escola de Enxeñaría de Camiños da Universidade da Coruña "ten dereito a bloquear o proceso para completar a carreira de Aeronáutica en Galicia". Igualmente, ProCampus remarca que o resto de escolas de aeronáutica de España conta cun máster para continuar estudos, á vez que lembra que eses centros mostran o seu apoio ao de Ourense na súa reivindicación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.