Inditex lánzase á carreira eólica cun plan para poñer aeroxeneradores no Porto da Coruña

Implicaría a instalación de tres muíños no porto exterior, dos cales o xigante textil asumiría "todos os custes".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Grupo Inditex presentou este xoves á Autoridade Portuaria da Coruña unha solicitude de concesión administrativa para desenvolver un proxecto de instalación de tres aeroxeradores na área de Levante do Porto Exterior da Coruña. O obxectivo é que estes muíños eólicos xeren enerxía sustentable para o autoconsumo colectivo das instalacións portuarias de Punta Langosteira e da sede de Inditex en Arteixo (oficinas, fábricas e centro de distribución), segundo informou a compañía fundada por Amancio Ortega.

En concreto, segundo esta proposta, recollida na solicitude de concesión que será estudada e tramitada no seu caso pola Autoridade Portuaria da Coruña nos próximos meses, Inditex asumiría o investimento total das instalacións, estimada en aproximadamente 30 millóns de euros, así como a súa xestión e mantemento posteriores, que serían desempeñados desde o punto de vista operativo por unha empresa especializada.

Inditex resaltou que esta formulación para o autoconsumo enerxético colectivo é único en España e está en liña coa aproximación pioneira da Autoridade Portuaria da Coruña á iniciativa Green Port, que promove a sustentabilidade e autosuficiencia enerxética dos portos españois. 

PORTO DA CORUÑA
PORTO DA CORUÑA | Fonte: MAREA ATLÁNTICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta