Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2021 | Actualizada ás 10:00
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prosegue cos cribados poboacionais para detectar casos de Covid-19 entre persoas asintomáticas con máis dun milleiro de convocados para probas PCR en Moraña.
Segundo informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocou un cribado voluntario mediante PCR que terá lugar no pavillón municipal de Moraña durante as tardes deste xoves, 20 de maio, e do venres, a partir das 15,30 horas.
A esta iniciativa preventiva, puntualizan as mesmas fontes sanitarias, está previsto convocar vía SMS a unhas mil persoas de Moraña de entre 15 e 29 anos e de 40 a 49 anos con cartón sanitario asignada no centro de saúde.
Para levar a cabo este cribado a área sanitaria contará no pavillón municipal con dous equipos de enfermaría en cada quenda, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización de tomas de mostras e información a usuarios.
A maiores, esta área sanitaria pontevedresa tamén realizará este xoves cribados entre a comunidade educativa escolar do CEIP Santa Lucía de Moraña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.