Detido un mozo en Ourense por estafar máis de 8.000 euros co 'timo de Microsoft'

Dixo ser un técnico desta empresa e instalou un sotware no ordenador doutra persoa á que lle roubou os datos bancarios.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/05/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Axentes do Grupo de Delitos Tecnolóxicos de Ourense detiveron a un mozo de 20 anos de idade pola súa suposta implicación nun delito de estafa de máis de 8.000 euros mediante o coñecido como 'timo de Microsoft'.

Segundo informou a Policía Nacional, o 8 de xaneiro unha persoa denunciou en Estepona que recibiu unha chamada telefónica na que o interlocutor afirmou ser un técnico de Microsoft e que detectaran unha intrusión fraudulenta na súa conta bancaria, solicitándolle que seguise as súas instrucións para garantir a seguridade da mesma.

"Esta persoa pediulle que instalase no seu computador un programa, cuxa función real é servir de acceso remoto ao mesmo, dándolle deste xeito, sen sabelo, o control absoluto do terminal a esa persoa", relatou a Policía.

Pouco despois a vítima recibiu un aviso da súa entidade bancaria que lle indicou que se detectaron unhas "operacións sospeitosas" na súa conta. A vítima comprobou que en pouco tempo chegaran a realizar ata nove transferencias desde a súa conta bancaria por un importe superior aos 8.000 euros.

Das investigacións realizadas en colaboración coa Comisaría de Estepona (Málaga) resultou detido en Ourense este xoves, 20 de maio, unha persoa, a cal recibiría na súa conta bancaria o importe denunciado duns 8.000 euros. Unha vez detido este home, un cidadán de nacionalidade brasileira con domicilio na cidade de Ourense de 20 anos de idade, quedou en liberdade tras prestar declaración en comisaría.

Arquivo - Unha patrulla da Policía Nacional de Ourense.. POLICÍA NACIONAL DE OURENSE - Arquivo
Arquivo - Unha patrulla da Policía Nacional de Ourense.. POLICÍA NACIONAL DE OURENSE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta