Gran seguimento da folga de empregados públicos contra o "abuso da temporalidade" na CRTVG

O seguimento é "limitado" noutros, con cifras do 6,8% en administración xeral, 1,4% sanidade e 0,15% educación, segundo a Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/06/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A folga contra a modificación do estatuto básico do empregado público e pola consolidación dos empregados públicos "en abuso de temporalidade" notouse este venres en Galicia en ámbitos como o da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG).

Noutros lugares como centros educativos, de sanidade e consellerías o seguimento e por tanto o seu efecto é "limitado", segundo admiten as organizacións que apoian na comunidade galega a convocatoria, que son CUT, CNT, Asociatem e Plategal.

Pola súa banda, fontes da Consellería de Facenda consultadas por Europa Press apuntan a un cumprimento dos servizos mínimos do 100% e un seguimento do 6,77% en administración xeral, do 1,39% no ámbito sanitario e do 0,15% no docente. Mentres, fontes da CUT censuran que a Xunta "boicoteou absolutamente" a folga ao permitir secundala unicamente aos temporais e impor, ademais, servizos mínimos sobre estes traballadores.

No caso da CRTVG, reivindican o "éxito", posto que o paro afectou á programación, por exemplo na radio na franxa das 10,00 horas, motivo polo que se emitiu un aviso informativo. O obxectivo deste paro é reclamar a estabilidade dos empregados públicos en situación de temporalidade e interinidade "abusiva", a través dunha lexislación que recolla a consolidación deste persoal.

Respecto diso, as organizacións que apoian a convocatoria en Galicia apuntan ao establecido pola xustiza europea, "que determinou que España abusa dos contratos sucesivos ao persoal interino e que as oposicións libres non son unha sanción ao abuso".

No caso galego, denuncian "abuso da temporalidade" e "precariedade" na administración autonómica "con cotas de ata o 80% de temporais nalgúns organismos públicos", xunto a unha "inminente" reforma do estatuto básico do empregado público que, "se nada o remedia, suporá aínda máis temporalidade e precariedade para os empregados públicos".

Por este motivo, os empregados públicos están chamados a saír á rúa este venres nunha manifestación que partirá ás 19,00 horas da Praza Roxa compostelá e percorrerá as rúas da capital galega ata Praterías.

Instalacións da CRTVG
Instalacións da CRTVG | Fonte: CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta