Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 21:30
Os morcegos pode achegar grandes beneficios aos seres humanos. O seu labor como reguladores das poboacións de insectos e de pragas é un exemplo da súa importancia ecolóxica, pero estudando as súas poboacións tamén se poden detectar cambios na calidade ecolóxica da auga e de bosques de ribeira. Esta é a idea que quere transmitir o proxecto "Noites de morcegos", así como sensibilizar a poboación sobre a importancia destes mamíferos.
A asociación ecoloxista ADEGA, a través do Proxecto Ríos, un programa de voluntariado que coordina, realizará en agosto dous cusos de formación sobre quirópeteros e o bosque de ribeira. Allariz e Monforte de Lemos son os lugares elixidos para realizar estas xornadas nocturnas nas que se impartirán as "Noites de morcegos". Estas xornadas realízanse en máis de 30 países de toda europa a través do proxecto EuroBats.
Os días 5 e 11 de agosto, en Allariz e Monforte respectivamente, realizarase unha formación teórico-práctica sobre o programa de ciencia cidadá "Quiroríos", un protocolo para o seguimento dos morcegos nos cursos fluviais, programa que en Galicia coordinan o grupo GEAS e ADEGA.
No desenvolvemento das dúas noites participará Xosé Pardavila de Sorex, como especialista na xestión da fauna salvaxe. As prazas para a xornada de Allariz xa están cubertas, mais para a quenda de Monforte de Lemos aínda quedan prazas vacantes. Con todo, as prazas son limitadas, e aplicaranse todas as normativas Covid vixentes, como o uso obrigatorio de máscara.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.