Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 11:53
A iniciativa Cerna-Barómetro do Proxecto Cerna de Adega recolle as estatísticas e a análise do tratamento da información ambiental das principais cabeceiras galegas durante o 2020. "Deste xeito, identificamos os principais temas ambientais e cando aparecen para aproximarnos ás inquedanzas sociais así como extraer conclusións para facer máis efectivo o traballo das ONGs ambientais", explica nun comunicado.
Os temas de actualidade ambiental na prensa galega durante o 2020 estiveron protagonizados por:
O informe tamén destaca que houbo temas dos que se sobresaíron sobre o resto, como as negociacións polo futuro de Alcoa, o peche da central de carbón das Pontes, a vertedura de Endesa ou as primeiras informacións de proxectos eólicos en Galicia.
OS TEMAS POLÉMICOS, OS MÁIS MEDIÁTICOS
"Detectamos que os temas que xeran controversa e os que ameazan dun xeito explícito a nosa calidade de vida concentran o interese mediático", indican no comunicado. Neste grupo estarían temas como a caza ou a confrontación entre o persoal e a veciñanza afectada por industrias contaminantes.
No informe tamén cometna que a problemática económica ou política "adoita invisibilizar o calado ecolóxico de moita da actualidade do país". Esta tendencia, advirten no informe, nótase máis nas novas relacionadas ca industria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.