Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 10:30
O 112 Galicia tamén informou dunha intervención no municipio de Ordes, neste caso, para rescatar a un home que caeu co tractor que conducía ao río Cabrón.
A Policía Local de Ordes solicitou asistencia ao 112 tras constatar que o home tiña que ser liberado, posto que unha das súas pernas quedou atrapada. Así, o servizo de Emerxencias mobilizou a efectivos sanitarios, aos Bombeiros de Ordes e á Garda Civil.
Os bombeiros conseguiron liberar ao ferido, que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, mentres que o tractor foi retirado por un guindastre. O 112 avisou tamén a Augas de Galicia, en previsión de que o accidente puidese provocar algunha vertedura de gasóleo ao río.
Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas tras verse implicadas no a colisión entre dous vehículos nas últimas horas, e tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.