Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 13:49
O portavoz municipal do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, vinculou con sectores "galegofóbicos" o recurso de Hablamos Español contra a ordenanza de usos lingüísticos do consistorio coruñés. Nun comunicado, a asociación informou que presentou este recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por consideralo "un proxecto de enxeñaría social para cambiar a lingua das persoas".
Preguntado por esta cuestión, Jorquera manifestou que a ordenanza garante aos cidadáns "o dereito a ser atendidos en galego" e cualificou como unha "anomalía" que non existise na cidade unha ordenanza deste tipo. "Hai sectores retrogados, galegofóbicos, que tentan pór rodas", dixo sobre o posicionamento desta asociación e tras insistir en que o BNG está "orgulloso" desta ordenanza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.