Conta atrás para a gala dos VIII Premios Martín Códax da Música

Tres proxectos por cada unha das 17 categorías a concurso competirán polos galardóns en Pontevedra o vindeiro 27 de outubro.

Por X.M. Fernández | Cambados | 21/10/2021 | Actualizada ás 21:48

Comparte esta noticia

O pasado mércores 6 de outubro tivo lugar nas adegas de Martín Códax de Cambados a ‘Festa de finalistas’ dos VIII Premios Martín Códax da Música. Foi un encontro presencial con capacidade limitada no que se anunciaron os tres proxectos seleccionados polo xurado en cada unha das 17 categorías.

Premios Martín Códax
Premios Martín Códax

O xurado desta edición, conformado pola cantante Carla Green, o músico Pablo Morán, o xornalista musical Carlos Crespo, o músico e programador Pepe Doré e a cantante, pianista e percusionista Diana Tarín fixeron público o fallo coa listaxe de seleccionados. A gala dos premios será o vindeiro 27 de outubro.

LISTAXE DE FINALISTAS

A banda da Loba, Belém Tajes e Espiño na categoría de Pop Indie; en Rock, Loiros, Soulwide e Moon Cresta; en Blues, Funk e Soul teremos a Brais Morán, Narci Rodríguez dA Trío e Enxeito; Na categoría de Metal están: N.E.O, Doen e Nuada; MJ Pérez, Gustavo Almeida e Tomás Porteiro estarán no apartado de Canción de Autor/a; Wöyza, Ilmarto e Marcos de la Fuente en Músicas urbanas; Na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe os finalistas son: Bush Doctors Band, Chow y La Diligente Reggae Band e The Skarnivals; en Música eléctronica foron elixidos: Cora Novoa, Allova e Xackal; en Clásica e contemporánea: Mateo Arnáiz, Alberto Vilas e Fernando Abreue; en Jazz e músicas improvisadas: Javier Constenla Trío, David Regueiro Quartet e María Toro; na categoría de Orquestras, grupos e música de verbena os tres finalistas son: Orquestra La Ocaband, Los Camachuelos e Bafana Bafana; Música Folk: Caamaño & Ameixeiras, Fiandola e Joel Padín; Músicas do mundo: Enclave, DOUS e Lamas/De Miguel/Romero; representando á Música infantil chegaron á final: Chuches Amil, Concerto Punkinfantil e Radio Bule-Bule de Paco Nogueiras; en Música tradicional: Xurxo Fernandes & Pedro Lamas, Carapaus e Pelepau; Coros e Grupos Vocais: Coro da Ra, Sisters In The House e Encaixe; Bandas de música  popular: Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música de Chantada, Banda de Música de Antas de Ulla. E para rematar, no apartado de ‘Premios Organistrum’ aos ‘Proxectos de comunicación e difusión musical’, os tres finalistas son: O recanto do Corcovado, Galeguiza-t e Cantámola en Galego.

PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Os Premios Martín Códax da Música nacen hai oito anos co obxectivo de recoñecer a creación, a diversidade e a calidade das producións musicais galegas, así como tamén revelar novos talentos da escena musical galega. Tamén buscan, como non podía ser doutro xeito, visibilizar o sector.

A convocatoria está promovida pola asociación galega Músicas ao Vivo, e vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo neste ano 2021. A inscrición aos Premios é libre e gratuíta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Fantástico!