Queres coñecer cando será festivo local o vindeiro ano?

Os municipios galegos optan maioritariamente polo Martes de Entroido no seu calendario de festivos locais de 2022.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/11/2021 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Direción Xeral de Relacións Laborais pola que se dá publicidade aos días festivos de carácter local para 2022, no marco do calendario laboral para o ano que vén, e a maioría de municipios optaron por designar como non laborable o 1 de marzo, Martes de Entroido.

A normativa estatal fixa para o ano próximo 14 festivos non recuperables, remunerados e obrigatorios, dos que 2 son elixidos por cada municipio. A Dirección Xeral lembra na súa resolución que, en virtude do establecido no Estatuto dos Traballadores, o calendario laboral debe exporse nun lugar visible de cada centro de traballo para coñecemento e consulta dos empregados e empregadas.

Segundo publica o DOG este luns, a maior parte de municipios galegos optou por fixar como non laborable o 1 de marzo, Martes de Entroido, ademais dun segundo día, normalmente por festas patronais especificamente locais.

Na provincia da Coruña, os principais concellos fixaron as seguintes festividades: A Coruña terá como festivos locais o 1 de marzo e o 7 de outubro (a Virxe do Rosario); Santiago de Compostela fixou os días 26 de maio (Ascensión) e 16 de agosto (San Roque); Ferrol terá como festivos o 1 de marzo e o 18 de abril (Luns de Pascua); e Narón terá como días non laborais o 1 de marzo e o 23 de novembro.

Na provincia de Lugo, o súa capital terá como festivos o 1 de marzo e o 5 de outubro (San Froilán); en Monforte serán festivos o 19 de abril (Martes de Pascua) e o 13 de xuño (San Antonio); en Viveiro, o 1 de marzo e o 16 de agosto; e en Vilalba, o 31 de agosto (San Ramón) e o 1 de setembro (Santa María).

No caso da provincia de Ourense, a súa capital elixiu como festivos o día 1 de marzo e 11 de novembro (San Martiño); en Carballiño serán festivos o 1 de marzo e o 17 de setembro (san Cibrao); en Verín, o 17 de xaneiro (San Antón) e o 2 de marzo (Mércores de Cinza); e no Barco de Valdeorras, o 23 de maio (día seguinte a Santa Rita) e 14 de setembro (Día do Cristo).

Finalmente, na provincia de Pontevedra, a cidade de Vigo fixou como festivos locais o 28 de marzo (Reconquista) e o 16 de agosto (San Roque); Pontevedra terá como non laborables os días 2 de marzo (Mércores de Cinza) e 11 de xullo (San Benito); en Vilagarcía de Arousa serán festivos o 23 de maio e o 16 de agosto; e en Redondela, o 25 de abril (Luns do Cristo) e o 16 de xuño (festividade da Coca).

Ademais dos festivos locais, os galegos teñen outras dúas festividades no seu calendario laboral de 2022, neste caso de carácter autonómico: o Días das Letras Galegas (ao coincidir en domingo o 1 de maio) e o día de San Xoán, 24 de xuño (ao coincidir en domingo o 25 de decembro).

Un grupo de baile tradicional actua na Rua Raina, no Domingo das Mozas, un dos días grandes das Festas de San Froilán
Un grupo de baile tradicional actua na Rua Raina, no Domingo das Mozas, un dos días grandes das Festas de San Froilán | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta