O drama das mulleres con lesións causadas polo anticonceptivo Essure: "somos tratadas de tolas ou menopáusicas"

Novo caso de violencia obstétrica: ás infeccións, cicatrices e perforacións que denuncian moitas mulleres dende o 2016 respostan os facultativos que "non existe literatura médica nin estudos que indiquen que os síntomas sexan xenerados polo dispositivo Essure”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2021 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Trato irrespectuoso e ofensivo, maltrato físico, humillación e maltrato verbal, procedementos médicos sen consentimento ou coercitivos, falta de confidencialidade, incumprimento da obtención do consentimento informado completo, rexeitamento a admisión do problema de saúde, neglixencia nas intervencións das mulleres e unha total falta de atención. Son aspectos que, denuncia a Asociación de Afectadas do Essure en Galicia, son comúns ás mulleres ás que se lle implantou este dispositivo uterino anticonceptivo.

Asociación de Afectadas do Essure de Galicia reivindican o cese da violencia obstétrica no 25N
Asociación de Afectadas do Essure de Galicia reivindican o cese da violencia obstétrica no 25N | Fonte: remitida

 

Dende o 2016 algunhas mulleres veñen explicando os síntomas de rexeitamento dos seus corpos ao anticonceptivo Essure aos facultativos en Xinecoloxía e, sinala a Asociación de Afectadas do Essure en Galicia, a día de hoxe estas mulleres son tratadas nas consultas de "menopáusicas", "ansiolíticas", "depresivas", e "tolas". Un argumento repetido polos facultativos, censuran, é que "non existe literatura médica nin estudios que indiquen que os síntomas sexan xenerados polo dispositivo Essure”. Todo iso malia a existencia de estudos en Finlandia, Holanda, Francia, EEUU, Australia ou Países Baixos. "A violencia de xenero obstétrica tamén é ó trato deshumanizado, amedicación inxustíficada e a patoloxización de procesos naturais”, zanxan dende a asociación.

 

 

O Essure é un anticonceptivo implantado nas trompas de falopio, definen, pensado para "provocar unha fibrose quística". Dende a asociación explican que é un dispositivo metálico composto por Nitinol que foi "todo un éxito na súa publicidade" do fabricante Conceptus, que trala aprobación dende FDA nos EEUU até o 2013 cando o mercou Bayer, explicaba que a "súa implantación dentro do noso corpo provocaba unha reacción a corpos extranos, contra a cal reaccionaba creando un tapón en cada trompa, evitando así a concepción".

 

O medicamento pasou un período de experimentación e catro anos de seguimento por parte dos investigadores, que probaron o anticonceptivo no corpo dalgunhas mulleres de distintos países, entre os que está España. Hoxe moitas mulleres veñen de denunciar lesións, infeccións, cicatrices e perforacións causadas, apuntan dende a asociación, debido a que Essure está fabricado con materiais ríxidos que poden perforar o texido ao estar as trompas en constante movemento e iso sen ter en conta o "choque" contra o Essure ao manter relacións sexuais.

 

Hoxe, e á vista das consecuencias para estas mulleres, existen testemuñas de mulleres sobre todo nos EEUU participantes do estudo que denuncian que houbo falsificación nestes ensaios.

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta