Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2021 | Actualizada ás 21:25
Co obxectivo aglutinar e unificar nunha soa asociación de carácter transversal a todos os operadores do sector do xogo presencial en Galicia (incluídos os casinos de xogo, as salas de bingo, os operadores de máquinas recreativas e de azar e os operadores de apostas deportivas), as principais firmas Luckia e Comar veñen de impulsar a “Asociación Empresarial de Xogos de azar de Galicia” (ASEJUGA).
Tal e como sinalaron os presidentes dos principais grupos do sector, José González e José Collazo, Luckia e Comar decidiron levar a cabo esta iniciativa ante o "baleiro existente en Galicia de contar cunha única asociación que integre a todos os empresarios dos distintos subsectores desta actividade" independentemente da dimensión e o subsector no que operen.
En palabras dos presidentes dos grupos cofundadores: “Non pretendemos substituír a outras asociacións, pero é necesario neste momento, no que ademais se está tramitando unha nova Lei de Xogo que contén unha nova regulación do sector, contar cunha única voz que nos represente e nos defenda”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.