A música experimental de Kali Malone, Stephen O'Malley e Lucy Railton chega a Compostela

‘Does Spring Hide Its Joy’ estréase en España o 10 de decembro na capital galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Unha soa peza, unha experiencia inmersiva que orixinalmente contaba cunha duración de seis horas, que funciona como un estudo sobre a música non lineal. Creada en Alemaña en plena pandemia, é a proposta que os artistas Kali Malone, Stephen O'Malley e Lucy Railton presentarán no Auditorio Abanca en Santiago de Compostela o 10 de decembro, no marco do ciclo X21 Series. Será a primeira vez que o ‘Does Spring Hide Its Joy’ poida experienciarse no conxunto do Estado.

Kali Malone con Stephen O'Malley y Linda Railton.
Kali Malone con Stephen O'Malley y Linda Railton. | Fonte: remitida

A proposta destes tres artistas pioneiros da música experimental e avant- garde foi creada en colaboración pola fundadora do selo XKatedral Kali Malone xunto o histórico Stephen O' Malley, que volverá a Galicia despois de máis dunha década, e a cellista fundadora do London Contemporary Music Festival Lucy Railton.

O evento dará continuidade ás X21 Series, unha programación que acolle concertos e intervencións en lugares emblemáticos e de alto valor patrimonial, presentando aos máis aventureiros artistas en música electrónica, experimentación e avant- garde xunto a algúns dos artistas visuais máis destacados da actualidade.

X21 Series é un ciclo que busca atraer a Galicia algunhas das propostas internacionais máis sobresaíntes da escena electrónica e experimental, poñendo o foco especialmente naquelas que operan na intersección entre arte e tecnoloxía, ao mesmo tempo que "pon en valor o patrimonio material e inmaterial galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta