Volve crecer o número de alumnos que estudan galego no Bierzo e Sanabria, ata os 1.115

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O número de alumnos que estudan galego nos territorios limítrofes de Castela e León aumentou ata 1.115. Así o constatou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na reunión anual de seguimento do programa de promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria, asinado por ambos os gobernos autonómicos hai 20 anos.

Así, neste curso 32 alumnos máis que no pasado estudan galego nalgún dos 19 centros adscritos a este programa nas comarcas do Bierzo e Sanabria.

Do total de 1.115 alumnos, 933 están nas etapas de Educación Infantil e Primaria, mentres que 137 proceden de institutos e 45, da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, que oferta clases para preparar desde o nivel máis básico, A2, ata o nivel de especialización, C1.

Pintada nun instituto do Bierzo por non impartir galego
Pintada nun instituto do Bierzo por non impartir galego | Fonte: Fala Ceibe

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta