Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2021 | Actualizada ás 13:40
O sector do transporte de mercadorías galego ratifica que a situación os "obriga" a parar os próximos días 20, 21 e 22, cando prevén que en torno ao 95% dos 21.000 camións galegos de servizo público secunden a folga. Nunha convocatoria en Santiago, o portavoz de Fegatramer, Ramón Alonso Fernández, interpretou como unha "provocación" a actitude da actual ministra de Transportes, Raquel Sánchez, xa que había "10 medidas encima da mesa co ministro anterior que esta ministra viu e á parte de non atender ningunha apareceu cunha historia de que ía sacar unha subvención ao gasóleo".
Son 21.000 camións en Galicia de servizo público e tanto esta como o resto de asociacións do sector propoñen "que paren" nas mencionadas xornadas. "Haberá algún de cousas moi urxentes, farmacia e hospitais, que teremos que deixalos pasar (entrega a farmacia ou ao hospital, non o que vén de laboratorio) e parará o 95% da xente se nos fan caso", avanzou este portavoz.
Neste sentido, constatou que teñen "dous problemas que non se van a solucionar fácil", un co Goberno central "que pola pinta non ten ganas de solucionalo" e outro "cos cargadores que algúns se atreven a pedir baixa neste momento" de incremento dos custos. "Isto obríganos a parar", subliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.