"Non é comprensible que as autoridades non garantan a libre circulación", asegurou Carlos García, o secretario xeral de Fegatramer, criticando tamén o "silencio absoluto" do Goberno español, que non só debería saír a defender aos transportistas, "senón tamén ao produto español". "Preguntámonos onde están os nosos representantes políticos", sentenciou.