Por Sentidiño | GC ABERTO | 12/12/2021
Coma cidadá residente en Compostela, as administracións agasállanme cun bono autonómico chamado Bono Cultura, de 50 euros, sexa eu parada ou Marta Ortega, para cine, música, teatro, ou videoxogos; e máis o “Bono Corazón Compostela”, municipal, que me entrega 30 euros do presuposto público para que os gaste no comercio local, se eu poño 45. Á parte, dedico un ou dous euros diarios a unha ou dúas persoas usuarias da Cociña Económica, que se financia de maneira autónoma. Varios centos de nen@s de Compostela, e máis as súas nais, non comerán bistés nin hoxe, nin en varios días... Pero eu, que gaño dous mil ao mes, serei subvencionada cuns 80 euros para escoitar no Auditorio a Real Filharmonía. Elas, as parias, e seus fillos e fillas, se non queren bistés, que coman pasteis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.