Os estropallos ecolóxicos dunha empresa de Galicia con vendas en todo o mundo

Unha empresa de Caldas de Reis comercializa estropallos e esponaxas desenvoltos a partir dun vexetal que eles mesmos cultivan en distintos países.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

En plena crise económica derivada  da pandemia, segue a haber emprendedores que lanzan os seus produtos contra vento e marea conseguindo os espazos mercados internacionais. Tal é o caso da compañía "Ibérica de Esponjas Vegetales", unha corporación agroforestal galega que se dedica á produción e comercialización de estropallos ecolóxicos de cociña e esponxas vexetais.

Estropallo ecolóxico
Estropallo ecolóxico | Fonte: Iberia de Esponjas Vegetales

A sociedade, que se define "pioneira" no cultivo do vexetal luffa para a produción destes bens de consumo, está de actualidade por vir de lograr a patente europea para a produción dos seus estropallos. Segundo apuntan, esta xa contaba coa licencia en China e Canadá, á parte de desenvolver o cultivo do amentado material en plantacións en Portugal, Colombia e Exipto, países aos que logo se lle unirán os EE.UU.

A empresa, afincada en Caldas de Reis, comezou a lanzar ao mercado o seu particular produto logo de anos de investigación que deron como resultado unha variante xenética propia da luffa, que permitiu obter "fibra vexetal de moi alta calidade". A patente, recoñecida pola Unión Europea, podería ser tamén considerada a curto prazo nos mesmos Estados Unidos.

“A maioría de esponxas e estropallos están feitos con materiais sintéticos. Co uso, vanse desgastando e rompendo en anacos que pasan polo desaugadoiro e convértense en microplásticos que acaban no mar. Por iso pensamos en obter fibras vexetais para a substitución dos plásticos nestes produtos”, indica o director técnico da firma, Juan Carlos Mascato. A luffa, destacan é un vexetal cuxo froito é moi similar á cabaciña e a súa pulpa interna vaise deshidratando e transformándose en fibra. Unha vez madurado, colléitase, pélase, quítanse as sementes e déixase secar. Así extráense as fibras, que logo se tratan con auga termal a 43 ºC. 

Mascato sinala que empezaron con esponxas de baño e co tempo foron dando forma a máis produtos. “Decatámonos de que un dos produtos co que máis podemos axudar ao medio é o estropallo de cociña ecolóxico e compostable, un elemento de elevado consumo e necesario en cada fogar. Tras case dous anos de ensaio e erro, atopamos a fórmula para o estropallo perfecto. O resultado era tan bo e prometedor que tiñamos que garantir a súa protección e o seu ADN galego, tiñamos que patentalo”.  

EXPANSIÓN MUNDIAL

A empresa está a ampliar as súas instalacións cunha nova nave de 1.200 m2 que agardan ter en funcionamento a mediados do vindeiro ano para poder dar resposta a unha clientela "repartida polos cinco continentes", co que prevén incrementar entre 50 e 100 os postos de traballo. Ademais, desracan, están a ensaiar cultivos arredor do mundo, desde América do Sur a África central. “Despois de moitas probas coa nosa variante xenética, os resultados están a ser moi positivos na maioría dos casos, recalculando os protocolos de cultivo por esixencias climáticas en cada país”, aseguran.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta