Achan no río Tambre o corpo sen vida da muller desaparecida hai un mes en Oroso

A policía está a traballar para esclarecer as circunstancias do suceso.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/01/2022 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O corpo sen vida da muller desaparecida hai un mes en Oroso foi achado este luns no río Tambre nunha zona de difícil acceso ao seu paso pola parroquia de Portomeiro, en Val do Dubra.

Segundo informou a axencia galega de Emerxencias, AXEGA, o cadáver achado pertence a María Asunción Cardama Furelos, a muller de 63 anos que levaba desaparecida desde o 5 de decembro na poboación de Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso.

A Garda Civil tivo constancia da desaparición da muller ás 00.25 horas do pasado día 5 de decembro, na madrugada do sábado ao domingo, tras o que se activou un operativo de rastrexo.

Este mesmo luns, AXEGA confirmou que fontes policiais identificaron o corpo sen vida pertencente a esta muller. A policía está a traballar para esclarecer as circunstancias do suceso.

O aumento de caudal do río Tambre alaga unha estrada ao seu paso polo Concello de Ames, na provincia da Coruña. Imaxe de arquivo / Europa Press. / Europa Press
O aumento de caudal do río Tambre alaga unha estrada ao seu paso polo Concello de Ames, na provincia da Coruña. Imaxe de arquivo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta