O cura de Xermade chama "terroristas" aos bispos españois por "permitir" os abusos a menores

Luís Rodríguez Patiño foi coñecido por oficiar misas polos baches das estradas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2022 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O cura de Momán, no municipio de Xermade, Luís Rodríguez Patiño, ratificouse en considerar "terroristas" á cúpula dos bispos españois por desentenderse dos casos de pederastia ou, mesmo "permitilos". "Nunca obraron ben. Eu levo denunciando, desde hai moito tempo, que a Igrexa ten que ser transparente. Aínda que a Igrexa é o pobo, aquí falamos máis que nada de xerarquía eclesiástica e non só a española, senón a de todo o mundo", manifestou este párroco lucense.

Respecto diso dos casos de abusos a menores, lembrou que el mesmo volveu levantar " a alfombra no 2013 e no 2018". "Volvín chamar claramente terroristas aos Bispos polo terror, polo que estaban a permitir, e por ese terror a toda esa xente (abusada), aos seus pais e a toda a sociedade", relatou. "O silencio dos bispos, eran cómplices e colaboradores deses sacerdotes pederastas. Nós debemos seguir o Evanxeo, e é moi claro por canto proclama que o que faga dano a un neno máis lle valería colgarse de pedra ao pescozo e tirarse ao pozo", manifestou de forma tallante. O cura de Momán, ao ser interpelado se mantén que os bispos españois uns terroristas, ratificouse nas súas palabras, afirmando que "si", son "terroristas".

CRITICA A COMPOSICIÓN DE CÚPULAS

Ao fío diso, lamentou como se chega á cúpula eclesiástica. "Está cuberta como o poder xudicial e sinto que fira corazóns, pero podemos dicir que o Opus Dei e a Conferencia episcopal está a ser amarrada por unha serie de personaxes, que eu serei peor que eles ou o que ti queiras..., pero vexo bispos que foron nomeados a dedo, sen conciencia, sen mirar a súa maneira de pensar e levar a mensaxe evanxélico", obxectou Patiño.

Así, subliñou que "Igrexa é unha palabra grega que significa reunión, aqueles que se reuniron en nome de Deus e de Jesús". "Houbo uns cuantos que se toman o seu poder dentro da Igrexa non como servizo, senón como xerarquía e aquí mando eu e interpreto o Evanxeo segundo interésame", afeou, finalmente. Á marxe disto, tamén criticou á curia polas inmatriculacións, xa que só se recoñecen pouco menos de mil.

Luis Rodríguez Patiño, cura de Momán
Luis Rodríguez Patiño, cura de Momán | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta