Pontevedra decláralle a guerra ás especies invasoras do Lérez

O concello procederá a retirar os exemplares de mimosa á beira do caudal por escurecer a zona e impedir o desenvolvemento de vexetación autóctona.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Pontevedra ármase contra as especies invasoras. O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, vén de asinar a declaración responsable necesaria para que o Servizo Municipal de Medio Ambiente execute actuacións de "mantemento e conservación" no dominio público hidráulico do río Lérez ao seu paso polo lugar de Santa Cruz, na parroquia de Santo André de Xeve. O obxectivo da declaración é instar á Xunta de Galicia a tramitar unha suvención para retirar estas especies invasoras da beira do río, en particular mimosas.

Traballos de repoboación no Río Lérez
Traballos de repoboación no Río Lérez | Fonte: Concello de Pontevedra

A ollos de Puentes, os actuais trámites administrativos buscar desenvolver uns traballos que actuarán sobre as contornas do río nun treito de 140 metros, o que, apuntan dende a concellería, supón unha superficie de intervención aproximada de 0,07 hectáreas. Segundo destacan, neste punto existe unha "gran proliferación de mimosa" (Acacia dealbata), que conforma unha masa "densa". O problema está en que bloquea a chegada de luz ao sotobosque e que impide a rexeneración e crecemento da vexetación autóctona de ribeira.

A necesidade de poñerlle freo canto antes vén dada pola alta "capacidade de expansión" do vexetal, xa que as sementes da mesma proliferan facilmente polo río ao verse arrastradas pola corrente. Segundo sinala Iván Puentes, "a finalidade da actuación é a de preservar os ecosistemas naturais presentes no espazo natural do río Lérez, en especial os hábitats prioritarios como os bosques aluviais de amieiro e freixo, así como mellorar o estado de conservación da biodiversidade e o bosque de ribeira mediante a eliminación de especies invasoras e optimizar a paisaxe rural e tradicional deste espazo da Rede Natura 2000". Asemade, mediante a mellora dos sendeiros, conseguirase incrementar e enriquecer as explotacións agrícolas do contorno.

Para proceder á retirada das ábores, o concello comezará retirando as cortezas de todas as árbores adultas, aplicándolles herbicidas e retirando despois os anacos que madeira que foran parar ao río. Xa en 2023, será o momento de cortar os exemplares afectados, evitando asemade que volvan medrar e triturando os elementos restantes para deixar a contorna do Lérez limpa e aberta ás especies propias da súa zona. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta