Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 13:30
Os ecos da guerra ruso-ucraína seguen deixándose sentir en occidente, a miles de quilómetros das rúas nas que hai unha semana se facía vida normal e sobre as que hoxe voan os misís de ambos bandos. Entre as moitas reaccións acontecidas, a solidariedade co bando ucraíno está a ser unha das máis fértiles e reiteradas, chegando tamén a Galicia e a súa esfera nas redes sociais.
Nas últimas horas deu tamén o salto dixital a conta @ukrgal, que se define como unha "ponte" entre o país ucraíno e Galicia e que se dedica a informar sobre os sucesos do país de Europa do Leste en solidariedade coa poboación que atravesa o conflito. A conta, como se pode apreciar, dá conta do avance da guerra da man de mandatarios do país invadido:
This map from March1 explains much. Russians drive around, they cause damage, but not a single big city is under their control. Things are the worst in South. RU troops on the streets, but UA flag on the town hall. Mykolaiv under attack right now.#UkraineStayStrong pic.twitter.com/3oXSWiHdy3
— olexander scherba🇺🇦 (@olex_scherba) March 2, 2022
Pero tamén fai fincapé en certos aspectos culturais do país ucraíno que amplían o saber popular sobre o mesmo, até hai pouco inexistente nas pantallas e xornais da esfera galega e española.
Até 1986, a Polesia era coñecida pola súa enorme riqueza natural, etnográfica e lingüística, e por ser o escenario da Cantiga do Bosque de Lesya Ukrainka. https://t.co/7GLui46bwf
— Galiza-Ucraína 💙💛 (@ukrgal) March 2, 2022
As mostras de solidariedade e a novas achegada sobre a guerra déixase ver tamén en pequenos petiscos informativos arredor de como se está a vivir o conflito do outro lado da fronteira. Esta imaxe do metro de Moscú dá conta dos primeiros efectos das sancións sobre a economía rusa.
Filas no metro de Moscova despois de que os sistemas de pagamento da Apple e da Google deixasen de funcionar na Rusia. https://t.co/oUV7DIcSXb
— Galiza-Ucraína 💙💛 (@ukrgal) March 2, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.