Por E.P. | VIGO | 09/03/2022 | Actualizada ás 17:28
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou este mércores a súa "pena" pola dimisión de Juan Díaz Villoslada do seu cargo como concelleiro de Urbanismo no Concello da Coruña, aínda que matizou que, en todo caso, "os proxectos e as cidades están por encima das persoas".
Así o manifestou en resposta a preguntas dos medios sobre a marcha de Villoslada, co que dixo manter unha "moi boa relación persoal". "Este tipo de situacións danse nos gobernos municipais, e sempre é unha pena que un compañeiro deixe un proxecto político", afirmou o líder dos socialistas galegos, quen expresou o seu "respecto absoluto" á decisión.
"Pero os proxectos e as cidades están por encima das persoas. Iso témolo todos claro, incluso o propio Juan Villoslada", engadiu González Formoso.
O secretario xeral do PSdeG incidiu en que "o importante é a cidade da Coruña" e que o goberno municipal continúe o seu proxecto de cidade que, aseverou, levarao a lograr unha "maioría maioritaria" nas próximas eleccións municipais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.