Pilotos do Dakar ensinan como manexar un todoterreo aos bombeiros forestais de Galicia

Ocúpanse da parte teórica destes cursos que recibirán máis de 2.500 profesionais do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A Xunta reforza a formación dos efectivos do Servizo de prevención e defensa contra vos incendios forestais (SPIF) de Galicia cun curso de seguridade no uso de vehículos todoterreo en zonas de gran pendente e con orografía complicada. A Consellería do Medio Rural, a través da o Direccion Xeral de Defensa do Monte, foi a encargada de organizar o curso para os 2.500 profesionais, entre os que se atopaban técnicos, axentes, bombeiros forestais, condutores e oficiais mecánicos.

O curso, que se imparte coa Academia Galega de Seguridade Pública, conta con 12 horas lectivas, coa materia teórico-práctica en liña e o resto da formación nos propios vehículos, na que se distribúen en grupos de 20 alumnos en distintos puntos de Galicia. Entre algunhas das leccións atópase o uso da sinal V-1 cando se circula en servizo de emerxencias, así como algunhas técnicas específicas de condución para superar obstáculos dunha forma segura e eficaz en vehículos 4x4 e motobombas.

En canto á parte teórica do programa, trátase a transferencia de pesos e o centro de gravidade, a capacidade de tracción e adherencia, paradas de emerxencia e os descensos e ascensos pronunciados. Cabe destacar que para crear os vídeos explicativos de cada unidade do temario contouse coa participación de Sergio e Diego Vallejo, os pilotos galegos de todoterreo máis laureados e con máis experiencia nesta materia, entre elas en Dakar.

Curso de seguridade na condución. XUNTA
Curso de seguridade na condución. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta