A Xunta podería vulnerar a lei ao "regalar" licenzas de caza a menores

Así o vén de denunciar a plataforma ecoloxista Fundación Franz Weber.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2022 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

A Fundación Franz Weber denunciou este domingo a posibilidade, "cada vez máis real", de que a Xunta de Galicia regale licenzas de caza a menores, como propuxo o Comité Galego de Caza, "contraviniendo normas como a Lei do Menor de 1996 ou a recentemente aprobada Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia". 

Nun comunicado, a fundación explicou que diversos estudos xa demostraron o vencello da exposición á violencia co desenvolvemento de problemas de saúde mental durante a nenez e adolescencia, que resaltan ademais que a participación durante estas idades en actos de malos tratos animais é un marcador importante para as actitudes antisociais e condutas agresivas.

Así mesmo, denunciou que, mentres a propia Lei do Menor establece que é un deber de todo menor "respectar aos animais", a estratexia da comunidade galega pretende "promocionar a participación de nenos e adolescentes en cazarías a través da súa presenza física nas mesmas", e mesmo "bonificando as taxas públicas asociadas á obtención da licenza, como a proposta realizada no último Comité Galego de Caza".

Ademais, argumentou que o Comité dos Dereitos do Neno da ONU xa expresou a súa preocupación pola exposición dos menores de idade a actividades nas que houbese calquera forma de violencia, e nas que se utilizasen armas de fogo por parte de menores de 18 anos, o que, consideran, "anhelan estes responsables políticos coas súas licenzas gratuítas".

Así, a Fundación naturalista avanzou que pedirán á Dirección Xeral de Dereitos da Infancia e da Adolescencia, do Goberno central, que tutele os dereitos do menor neste ámbito ou se pronuncie se esta actividade está en consonancia cos valores que pretende preservar para este sector social e se, de acordo coas súas competencias, "van tentar conxugar todos os intereses, polo menos, dos actores implicados, sendo os menores e adolescentes o colectivo máis prexudicado".

Un animalista (con peto amarelo) molesta a un grupo de cazadores de raposo utilizando unha bucina
Un animalista (con peto amarelo) molesta a un grupo de cazadores de raposo utilizando unha bucina | Fonte: club-caza.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta