O BNG reclama para Galicia un status especial de "nación pesqueira"

"As Illas Feroe son un claro exemplo do importante que é defender a propia soberanía en asuntos vitais para a economía, igual que é a pesca para Galicia", aseverou Miranda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O BNG reclamou que as autoridades concedan a Galicia un status especial como "nación pesqueira" similar ao que goza as Illas Feroe.

A portavoz da formación frontista en Europa, Ana Miranda, atópase no arquipélago feroés como parte dunha delegación da Alianza Libre Europea, trasladada ao país para coñecer as súas políticas pesqueiras.

"As Illas Feroe son un claro exemplo do importante que é ter conciencia de nación pesqueira e defender a propia soberanía en asuntos vitais para a economía, igual que é a pesca para Galicia", aseverou Miranda.

A responsable do Bloque considera que Galicia debería contar coa capacidade de decisión que ten Illas Feroe sobre a súa pesca, que ten no sector marítimo un dos principais alicerces da súa economía.

Ademais do encontro co sector pesqueiro feroés, a delegación da que forma parte Miranda mantivo reunións con organizacións políticas como o partido de esquerdas pola independencia Tjóoveldi.

Delegación de Alianza Esquerda Europea con Ana Miranda (BNG) nas Illas Feroe. BNG
Delegación de Alianza Esquerda Europea con Ana Miranda (BNG) nas Illas Feroe. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta