Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 12:42
O colectivo de persoas xubiladas de Arzúa reclama ao alcalde, José Luís García López, que reabra o Club de Xubilados, pechado desde a pandemia. Así, veñen de iniciar unha recollida de sinaturas que contou co apoio de arredor de 700 veciños e veciñas, moitas delas usuarias habituais do Club de xubilados, e que foron rexistradas este luns no Concello de Arzúa.
Deste xeito, expresan o seu malestar ante esta situación e esíxenlle ao alcalde de Arzúa que reabra o Club de Xubilados. Reclaman ter dereito a contar con este espazo para a socialización e entretemento das persoas maiores e din sentirse "discriminados" por esta actuación do alcalde de Arzúa, que mantén pechado o Club de Xubilados cando todas as instalacións municipais están xa operativas, sen darlles "ningunha explicación", denuncian.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.