A Xunta di que a escola "non pode ser un mecanismo para adoutrinar nin xerar perfís políticos"

O conselleiro de Educación ve "arbitrariedade" na implantación da 'Lei Celaá' con cambios das "regras de xogo".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/06/2022 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, denunciou a implementación "arbitraria" da nova Lei educativa, a LOMLOE, coñecida tamén como 'Lei Celaá', ao ser preguntado polas críticas da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Ayuso, sobre ela.

"Está a implementarse dunha maneira arbitraria, e iso xera problemas e cambia as regras de xogo agora", sinalou o conselleiro, coincidindo coa súa presenza na presentación da nova oferta da FP para o próximo curso no centro educativo de Someso.

No caso de Galicia, sobre os currículos, dixo que xa fixo o seu "traballo". Con todo, sobre a nova lei educativa argumentou que xa advertiron que "ía xerar problemas: de forma e de fondo". "Pola lentitude, a tardanza do Ministerio para a súa aprobación", sinalou o conselleiro para quen pode supor que se comece o novo curso "sen ter os currículos 100% publicados".

Por outra banda, apuntou, en relación a esta cuestión, que a escola "non pode ser un mecanismo nin de adoutrinamento nin xeración duns perfís políticos", apuntou sobre un contido fixado ao 50% polo Estado e a outra metade pola Xunta.

"Unha vez que estean os manuais publicados, hai que ter un certo seguimento por parte da Inspeccion para que non haxa contidos que non teñan que ver coa formación e educación", apostilou.

Román Rodríguez
Román Rodríguez | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Asun

Supoño que este home fala de calquera dos moitos centros privados relixiosos que el autoriza. Supoño que asistiiu a algunhas dstas clases.