Formoso insta o PP a "quitar a careta da moderación" e renovar o CGPJ

"Tras os miles de asuntos paralizados no Tribunal Supremo, hai prexudicados", asegura o líder socialista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, instou ao Partido Popular a "quitarse a careta da moderación" e "poñerse ao choio" para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

Formoso expresouse así no acto de inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, no Pazo de Mariñán, no concello coruñés de Bergondo. O socialista solicitou a renovación dun "dos poderes fundamentais do Estado como é a Xustiza". "Os españois teñen dereito a que a xustiza funcione", defendeu.

"A renovación do CGPJ está bloqueada por Feijóo como estivo antes por Casado", remarcou, e asegurou ademais que "tras os miles de asuntos paralizados no Tribunal Supremo, hai prexudicados".

Así, instou ao líder popular a "construír" ese país para o que "os cidadáns poñen os políticos á fronte das institucións".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en declaracións aos medios en Sigüeiro, Oroso.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en declaracións aos medios en Sigüeiro, Oroso.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta