PP, BNG e PSOE pactan unha condena de ETA e o recoñecemento a Miguel Ángel Blanco

Os populares tiveron que retirar do texto unha condena a Bildu e aos partidos que pacten con el.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2022 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

PPdeG, BNG e PSdeG pactaron unha declaración institucional de condena ao terrorismo e na que a Cámara galega mostra a súa "repulsa a calquera uso da violencia, e de maneira moi especial, expresar a súa rotunda condena polo asasinato do concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco, e todos os crimes cometidos por ETA".

O presidente do Parlamento deu lectura á declaración institucional este mércores, despois de que o PPdeG lanzase o martes unha proposta aos grupos da oposición, como avanzou na súa intervención durante o debate do informe do Valedor do Pobo a deputada Paula Prado, coincidindo co 25 aniversario do "vil asasinato" de Miguel Ángel Blanco, con "profundas raíces galegas".

No texto, o Parlamento de Galicia "ratifica o seu compromiso na defensa dos valores democráticos, dunha etapa de liberdade xurdida do proceso de Transición democrática, que culminou na aprobación da Constitución Española de 1978".

"O Parlamento quere expresar o seu recoñecemento a Miguel Ángel Blanco e aos máis de 800 asasinados pola banda terrorista ETA, así como a todas as vítimas do terrorismo, e reclama o compromiso de todas as administracións públicas para que o seu legado non caia no esquecemento, pois cada un deses homes e mulleres forman parte imprescindible da historia do noso país", sinala a declaración, que pide, para todas elas, "unha vez máis, memoria, dignidade e xustiza".

ACORDO TRAS BORRAR UN PARÁGRAFO

Os populares conseguiron, segundo as fontes consultadas por Europa Press, o acordo do PSdeG despois de aceptar eliminar unha referencia velada a pactos parlamentarios con Bildu. Concretamente, acordouse suprimir do texto inicial o parágrafo no que se rexeitaba "calquera acordo político con partidos que ameazan gravemente a dignidade humana e non condenan explicitamente os crimes de ETA e tentan lexitimar a súa existencia".

"Temos a obrigación de mandar unha mensaxe sen fisuras", dixo Paula Prado, aproveitando a súa intervención este martes durante, de "condena" ao terrorismo de ETA, coincidindo co "vil asasinato" da banda terrorista ETA, un "despropósito".

A declaración institucional, aplaudida por toda a Cámara galega unánimamente e á que lle seguiu un minuto de silencio do pleno, arrinca mencionando que "todas as vítimas do terrorismo de ETA en España deben de ser lembradas, pero o secuestro e posterior asasinato do político demócrata, Miguel Ángel Blanco, cuxo único pecado era representar ao Partido Popular como concelleiro da localidade de Ermua, supuxo unha reacción nunca vista na sociedade".

Hemiciclo galego. Declaración institucional no Parlamento de Galicia.
Hemiciclo galego. Declaración institucional no Parlamento de Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta