Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2022 | Actualizada ás 12:28
A Patrulla de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Noia detivo ao xerente dun establecemento do Milladoiro, no municipio coruñés de Ames, por, supostamente, vender roupa que reproducía ou imitaba algunhas marcas. Por estes feitos, acúsaselle dun delito contra a propiedade industrial.
Nun comunicado, a Garda Civil relatou que os feitos se destaparon por mor dunha denuncia que interpuxo unha empresa con sede en Majadahonda (Madrid).
Segundo o Instituto Armado, a acusación denunciou que o establecemento do Milladoiro vendeu produtos que reproducen ou imitan algunhas marcas, das que a titularidade correspondía ao establecemento que representa a empresa denunciante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.