Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 19:40
O Consello da Cultura Galega (CCG) incorporou ao seu Álbum de Galicia a biografía do controvertido político e militar Urbano Feijóo, promotor dunha onda de emigración a Cuba que fixo que centenares de galegos terminasen esclavizados. Nacido en 1808 nunha familia de estirpe militar asentada no concello ourensán de Coles, Urbano Feijóo fixo carreira no exército á sombra dos seus irmáns maiores, que foron protagonistas dalgúns dos episodios chaves na historia da España de mediados do século XIX.
"Un galego ha de facer do mesmo traballo que dous negros e ao prezo que custa un escravo", pronunciou este ourensán, frase que resume os feitos polos que pasou á historia como promotor das expedicións a Cuba que terminaron con máis de 1.700 galegos esclavizados en plantacións da illa caribeña.
En virtude dos poderes outorgados polo Goberno, Urbano Feijóo creou a bautizada como 'Patriótica Empresa de ayuda a Cuba y salvación de Galicia'. Miles de galegos foron recrutados nas aldeas de Galicia para emprender rumbo a Cuba, onde arribaron en agosto de 1854. O seu destino foi a escravitude e 300 deles morreron ao cabo de dous meses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.