Por Galicia Confidencial | Nova York | 23/09/2022 | Actualizada ás 10:27
Aceredo era unha fermosa aldea do rural galego. Chantada no concello de Lobios, en Ourense, foi unha das ultimas poboacións galegas en ser sumerxidas baixo millóns de litros de auga. O encoro de Alto Lindoso, na veciña Portugal, provocou que desaparecera do mapa en 1992.
Pero, de cando en vez, Aceredo aparece, como unha pantasma, sobre as augas desta presa, especialmente, cando hai pouca chuvia, como acontece desde hai meses. E esa foto, entre nostálxica e pantasmal foi utilizada polo xornal The New York Times para ilustrar a seca que sofre media Europa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.