Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2022 | Actualizada ás 19:02
O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou este venres, na súa visita a tres posibles polígonos agroforestais en Paradela, que o seu departamento destinará nos orzamentos de 2023 un total de 4,4 millóns de euros para executar polígonos agroforestais e aldeas modelo.
Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, alí, José González indicou, xunto á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, que dous destes polígonos se destinarían a viñedos "enmarcados dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra". O terceiro dos polígonos agroforestais "buscaría a recuperación e a revalorización das frondosas autóctonas caducifolias da zona".
Ademais, sinalou que "a súa posta en marcha levaría unha importante dinamización económica da súa contorna" e que estas iniciativas, enmarcadas na Lei de recuperación de terra agraria de Galicia, "facilitan que siga sendo posible vivir no e do rural". Nesta mesma liña, o titular de Medio Rural explicou que en toda Galicia "hai un total de 21 polígonos agroforestais xa iniciados, cunha superficie próxima ás 8.800 hectáreas" e que permiten "recuperar grandes espazos produtivos".
Así mesmo, dentro da Lei de recuperación de terra agraria contémplase a creación de aldeas modelo para "recuperar os entornosde núcleos de poboación". González lembrou que "xa son 21 as declaradas en Galicia e que supoñen a mobilización de 574 hectáreas de superficie".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.