Rueda esixe a Sánchez que cese á ministra de Igualdade

Non ve "normal" que Montero "culpe" aos xuíces do "fracaso" da 'lei do só si e si' e lles chame.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu a entender que o seu homólogo estatal, Pedro Sánchez, debería destituír á ministra de Igualdade, Irene Montero, tras "culpar" esta aos xuíces do "fracaso" da coñecida como 'lei do só si é si' e suxerir que teñen un comportamento "machista". O mandatario galego tamén se mostrou partidario de "corrixir" a norma.

En declaracións aos medios tras a reunión do Consello da Xunta, Rueda puxo en cuestión que unha ministra que realiza unhas declaracións deste tipo "siga no seu posto sen ningún problema, entendendo que é normal que poida dicir o que está a dicir".

E, a continuación, preguntouse se é "normal" que "quen ten que tomar decisións, que é quen a nomeou", en alusión a Sánchez, quede "de brazos" cruzados. Baixo o seu punto de vista, non actuar non é "normal" salvo "que esteas de acordo" cos pasos que dá a ministra.

Máis aló, Rueda incidiu na gravidade das consecuencias dunha norma que permitiu a rebaixa de penas por delitos sexuais, o que considera "consecuencia de moitas cousas". "Estamos a ver a falta de rigor de moitos membros do Goberno e a ministras que se están dando conta de que lexislar é distinto de facer proclamas", esgrimiu.

"PRÉSA EN CONVERTER CONSIGNAS EN LEIS"

A continuación, incidiu en que "ter présa por converter consignas en leis" ás veces carrexa "consecuencias terribles", e lamentou que Montero optase por "empezar a buscar culpables desesperadamente".

E unha vez que dúas das principais asociacións de xuíces do país coincidiron en que Montero debería dimitir, Rueda secundou que "non é de recibo" que, en vista dos feitos, "unha ministra do Goberno de España diga sen andrómenas nin disimulo que a lei é perfecta, e que os xuíces son machistas, fáltalles formación e non se decatan".

"EXAMINALO E CORRIXILO"

Moi crítico con que a responsable estatal de Igualdade basee "todo o seu argumento" para xustificar a norma en "faltar ao respecto aos xuíces", Rueda reafirmouse en que "algo falla e estrepitosamente".

Así, recalcou que o Goberno fracasou "" por ter "présa" en facer unha lei "con moi pouco rigor", mentres que os xuíces "están a facer o seu traballo de modo obxectivo e coa ferramenta que se lles deu".

"A solución non é meterse cos xuíces e dicir que son os culpables, senón examinar (o feito) e corrixilo, claro que si", resolveu.

Rueda preside o Consello da Xunta
Rueda preside o Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta