Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 13:06
A Xunta de Galicia anunciou que nos próximos anos avanzará na dotación á historia clínica electrónica de ferramentas baseadas na intelixencia artificial, que permitirá enviar alertas de enfermidades graves.
Así o adiantou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, este venres durante a inauguración do curso Big Data & Intelixencia Artificial para xestores da saúde. Neste foro, destacou que con estas ferramentas poderán detectarse, por exemplo, alertas de resultados que poidan estar relacionados con enfermidades graves, para transmitir ao médico e pór en marcha, en ocasións, o seguinte paso no proceso.
Nesta liña, avanzou a intención do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de continuar coa aposta dixital e a utilización de intelixencia artificial no diagnostico en imaxe ampliando o campo á imaxe oftalmolóxica, e as retinografías e o desenvolvemento de sistemas de identificación de brotes.
AVANCES NOS ÚLTIMOS ANOS
Neste sentido, o conselleiro destacou que os avances dos últimos anos permiten deseñar algoritmos baseados en técnicas de aprendizaxe profunda "que son capaces de aprender de casos previos xa diagnosticados e elaborar patróns cada vez máis complexos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.