Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 13:53
Edicións Xerais de Galicia convocou os Premios Xerais 2023 para obras orixinais en lingua galega nas modalidades de novela, literatura xuvenil e literatura infantil. A convocatoria permanece aberta desde este venres, coa publicación das bases, e ata o próximo 24 de marzo.
En concreto, o Premio Xerais de Novela chega á súa cuadraxésima edición, mentres que o Premio Merlín de Literatura Infantil alcanza a trixésimo sexta e o Jules Verne de Literautra Xuvenil a décimo terceira. Cada un do tres premios contempla a publicación das obras gañadoras, así como unha dotación económica de 10.000 euros.
Os libros gañadores desta edición decidiranse no mes de xullo, despois de dúas reunións do xurado, e será no outono cando chegarán ás librarías.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.