Ecoloxistas en acción pide acabar coas competicións de caza de raposos: "tirotearon 90.000 por simple diversión"

Sinala que a Xunta autoriza estas celebracións "sen a elaboración previa dun censo de raposos que achegue información acerca da densidade actual deste animal"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en acción pediu á dirección xeral de Patrimonio Natural suspender todas as competicións de caza de raposos previstas en Galicia para 2023. Segundo denunciou a organización ecoloxista nun comunicado, a Xunta autoriza desde o 1 de setembro ata o 12 de febreiro, datas nas que ten lugar a tempada de caza do raposo, a celebración de competicións de caza desta especie "sen a elaboración previa dun censo de raposos que achegue información acerca da densidade actual deste animal tanto a nivel local como autonómico".

"Cada ano o Goberno galego autoriza campionatos para masacrar raposos coma se matar fauna silvestre fose un deporte sen consecuencias no equilibrio entre especies. En poucos anos foron tiroteados máis de 90.000 mamíferos por simple diversión", cuestionaron desde Ecoloxistas en Acción.

Entre os motivos polos que Ecoloxistas en Acción pide suspender todas as competicións de caza de raposos previstas na comunidade galega para 2023 atópanse os "servizos ecosistemáticos de carácter esencial" que esta especie achega, a coincidencia coa época de apareamiento dos raposos e a "escasa utilidade" de competicións relacionadas coa caza destes animais. A petición de Ecoloxistas en acción atópase apoiada por outras organizacións como Loita Raposa, Petón do lobo e a Plataforma Galega paraa Defensa Animal.

Raposo
Raposo | Fonte: turismo de observación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Matar animais non é unha " diversión", é unha salvaxada.