Por E.P. | A CORUÑA | 21/12/2022 | Actualizada ás 19:27
BNG e a Marea Atlántica reprocharon ao goberno local da Coruña a "ausencia" dunha proposta de orzamento para 2023, segundo expuxeron en senllas comparecencias.
En rolda de prensa, a Marea Atlántica presentou dez propostas de "mínimos" para abrir a negociación das contas do próximo ano. Como medida de "vontade de diálogo", reclamaron tanto a portavoz municipal, María García, como o candidato á Alcaldía, Xan Xove, o desbloqueo de medidas en materia de vivenda, mobilidade, enerxía, xustiza social e equipamentos para os barrios.
Pola súa banda, o BNG considerou que "a estas alturas" carece de "sentido" presentar un proxecto de orzamentos por non ter "tempo material para executalos".
Así o expuxo o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, xunto á edil Avia Veira. Na comparecencia, manifestaron que esta formación concorrerá ás municipais con vocación de ser "alternativa" e alcanzar a Alcaldía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.