A Fundación Museo do Mar cambia os seus estatutos co obxectivo de integrar a xestión da Illa de San Simón

Esta modificación permitirá a conservación e posta en valor deste espazo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Xunta aprobou este xoves un cambio nos estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia, o que lle permitirá ter a condición de fundación do sector público autonómico para, posteriormente, integrar a xestión da Illa de San Simón.

A reunión do Goberno galego ratificou este cambio despois do acordo alcanzado no seo do padroado da propia entidade o pasado mes de outubro, unha vez formalizásese a cesión gratuíta dos bens do Museo do Mar de Galicia, en Vigo, á Administración autonómica.

Esta modificación permitirá xestionar a Illa de San Simón e impulsar o proxecto da Consellería de Cultura para a conservación e posta en valor deste espazo situado no municipio pontevedrés de Redondela.

Neste contexto, a Xunta ten actualmente en marcha o proceso de de licitación de obras de conservación nas illas de San Simón e San Antón, cun orzamento de medio millón de euros, para mellorar as condicións deste ben de interese cultural (BIC).

Illa de San Simón
Illa de San Simón | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Museo do Mar de Galicia é unha auténtica pantasma dende a súa construcción con delito ecolóxico incluído ao chantar 4 columnas na Praia do Matadoiro de Alcabre... César Portela fixo a peor obra da súa vida (agás o cemiterio) e a máis cara, nada máis inaugurarse tivo que romodelarse porque afogábase dentro da calor ! Etc etc... Pero ter a mellor cafetería pechada dende hai tres anos e pechar ao mediodia o Museo e por riba cobra entrada... é o maior despropósito que vin na miña vida ! E agora outro millón perdido en cámaras de vixiacia na Illa de San Simón (?) Nin siquera podes acceder a nado á illa senon tes o permiso on-line da Consellería de Cultura en Santiago... Horror Vacui