A Facultade de Psicoloxía da USC formará a profesores no manexo de emocións de alumnos adolescentes

O curso 'A autorregulación emocional non ámbito educativo' buscará ofrecer ferramentas a profesores de secundaria no manexo de emocións de alumnos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

As profesoras da área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC e pertencentes ao grupo de investigación Underisk, Zeltia Martínez López e Emma Maio Pais, son as directoras do curso 'A autorregulación emocional no ámbito educativo', co que se buscará ofrecer ferramentas a profesores de secundaria no manexo de emocións de alumnos.

Esta actividade formativa, que comezará o 11 de xaneiro, "pretende guiar ao profesorado de secundaria na identificación, comprensión, expresión e regulación das súas propias emocións e sentimentos, así como promover a reflexión sobre a importancia dos fenómenos emocionais e a súa incidencia no benestar psicolóxico e éxito académico do alumnado adolescente".

Esta formación, á que accederán unha vintena de docentes, tamén porá o foco en acrecentar o coñecemento e destrezas de manexo das emocións e sentimentos dos estudantes; así como en presentarlle ao profesorado as estratexias e recursos que poden empregarse para a autorregulación emocional dentro da aula.

"As emocións constitúen un compoñente esencial do benestar subxectivo e a saúde psicolóxica e, en particular, considéranse un factor crítico no proceso de ensino-aprendizaxe", sinalan as directoras do curso.

"Reviste especial relevancia, neste senso, o manexo das emocións ligadas ao ámbito académico, pois condicionan o rendemento e desenvolvemento integral do alumnado, tendo o docente un papel fundamental na conformación dun clima socioafectivo favorable na aula, e no ensino de estratexias de regulación emocional", apunta.

O curso ten unha duración de 20 horas, das cales 14 serán presenciais e terán lugar na Facultade de Psicoloxía da USC en horario de 17.00 a 20.30 horas.

Estudantes
Estudantes | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta