Por E.P. | A CORUÑA | 09/01/2023 | Actualizada ás 13:59
Un equipo de reconstrución de accidentes analizará as causas do sinistro mortal en Salvaterra de Miño ocorrido o pasado sábado.
Así o confirmou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, que lamentou este "grave accidente" e a morte dun home, natural de Vigo, ademais de tres feridos, a muller do falecido, a súa filla, e o condutor do turismo que acabou no carril contrario.
"É un tramo de recta cunha lixeira curva", apuntou Miñones sobre o lugar onde se produciron os feitos despois do choque entre dous vehículos ao atravesar un deles a mediana na A-52.
O delegado do Goberno ratificou que van solicitar que se desprace un equipo de reconstrución de accidentes "para saber as causas". Tamén manifestou que se fixo un reforzo "provisional" de face á "barreira ríxida que se vai a colocar", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.