Paro dos traballadores de Televés na Coruña para reclamar un novo convenio colectivo

Avanzan que, se non se atenden as súas reclamacións, irán á folga desde o día 23 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/01/2023 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

Os traballadores de Televés SAU na provincia da Coruña farán este xoves, día 12, un primeiro paro para reclamar que a compañía negocie cos seus representantes sindicais un novo convenio colectivo.

Así o informou a CIG nun comunicado do comité de folga no que sinalan que nos últimos meses tentaron negociar coa dirección un novo convenio colectivo, aínda que sen éxito. A súa pretensión, apuntan, é "que se garanta o mantemento do poder adquisitivo dos salarios dos traballadores". "Ante a posición inamovible da empresa de presentar propostas con perdas salariais para os traballadores, o cadro de persoal, reunido en asemblea, decidiu ir á folga cun 94% de respaldo" e apoio de CIG e UGT, os dous sindicatos con representación no comité.

O xoves, día 12, está previsto un primeiro día de paro e, se as súas reivindicacións non son atidas, avanzan que arrincarán o 23 de xaneiro unha folga indefinida nos centros Televés SAU da provincia da Coruña.

Concentración de traballadores de Televés.. CIG
Concentración de traballadores de Televés.. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta