Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 19:43
O Sindicato Labrego Galego demandou a paralización da tramitación de "todos" os parques eólicos en Galicia ata que se complete a zonificación de renovables da Política Agraria para o período 2023-27, en vigor desde este mes de xaneiro.
Nun comunicado emitido este miécoles, o SLG lembrou que nun prazo de tres meses o Goberno central procederá a ampliar a ferramenta que delimitirá as zonas nas que producir enerxías renovables.
Ante isto, consideran "incompatible" que leve a cabo a aprobación "inminente" desta medida coa "recente aprobación acelerada e masiva de proxectos" que, segundo o sindicato, foi "forzada" polo Ministerio de Transición Ecolóxica e a Xunta.
Lembran que esta delimitación para implantar polígonos industriais enerxéticos implicará "modificacións significativas" pois delimitará zonas de "máxima, moi alta ou alta sensibilidade agraria".
Así pois, o SLG solicitou unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para solicitar a "paralización" da tramitación de polígonso industriais eólicos. Deste xeito, avanzaron que, no caso de que Miñones acepte reunirse, trasladarán a "vital importancia" para Galicia do mantineimiento da "xa de seu escasa" superficie agraria últil que "a pesar do potencial de Galicia como país produtor dun ben tan esencial como é a alimentación, o abandono institucional reduciu a un limitado 21%".
Así as cousas, o Sindicato Labrego reclama que se respecte a nova zonificación "procurando a protección das granxas fronte a invasión eólica", polo que reclaman a "inmediata paralización" dos proxectos en tramitación e dos que "aínda non está publicada a súa aprobación, para adaptalos a esta nova zonificación en aras de salvagardar a supervivencia" do campo e o medio rural galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.